Quén

O Centro Comercial Urbano Zona Monumental (CCU ZM) está constituido polos establecementos dedicados ó comercio, hostelería, ocio, servizos e profesionais ubicados nas calles urbanas do casco histórico e perímetro que, voluntariamente, deciden formar parte desta entidade que supón a súa agrupación baixo unha imaxe común propia permanente e xestión estratéxica profesional compartida.

Esto é, os establecementos a pé de rúa (baixos comerciais e oficinas) pero esta vez, agrupados e unidos baixo unha entidade común, o CCU ZM, coa que son capaces de ofertar maiores vantaxes e resultar máis atractivos para o consumidor.

No casco histórico de Pontevedra convive o comercio, a hostelería, a cultura e a vivenda.

O CCU

Un Centro Comercial Urbano o Centro Comercial Aberto é “unha agrupación dun número indeterminado de establecementos comerciais independentes que se atopan ubicados nas rúas urbanas dun espacio concreto cunha tradición comercial na zona (habitualmente nos cascos históricos das cidades), que están vinculados a través dunha sociedade xurídica e cunha xestión externa común, cun criterio de unidade e imaxen propia permanente.

A constitución do Centro Comercial Urbano Zona Monumental como Asociación profesional tivo lugar no ano 2003 tras 3 anos de traballo e preparación realizados polo Seminario de Estudios Socioeconómicos de Pontevedra Carlos Velasco. Sen embargo, o punto inicial de partida data da década dos 90, cando o comercio en España, especialmente o ubicado nos cascos históricos, resintese pola falta de continuidade dos negocios familiares e a falta de innovación nos establecementos que fai perigrar as vendas e con elas, o seu futuro.

Un grupo de comerciantes crean, en 1989, A Asociación Área Comercial Zona Monumental coa finalidade de impulsar cambios importantes na atención ó cliente e xestión dos seus establecmentos, entre as que incluían a dinamización da rúa e recuperación da vida social das prazas e entramado urbano do casco histórico. O seu liderazgo, o seu programa de actividades culturais, o seu empeño constructivo e a súa capacidade de liderar melloras no sector comercial sentaron as bases dunha revitalización económico-comercial que devolveu ó casco histórico de Pontevedra o seu papel na historia: paso obrigado de rutas comerciais, como el paso portugués, a Ruta Xacobea-Portuguesa no seu camiño a Santiago de Compostela e por desenrolarse actividades gremiais que deron nomes a prazas e rúas que aínda hoxe en día manteñen.

Aparcamentos

O Centro Comercial Urbano Zona Monumental é un lugar de fácil acceso xa que no seu perímetro atópanse os principais aparcamentos subterráneos na cidade e un número importante de prazas de aparcamento subterráneo a disposición dos visitantes. A chegada a cidade, siga as indicacións para calqueira dos aparcamentos nomeados a continuación, recomendámolle que mercando nos establecementos asociados, en naqueles identificados co noso logotipo pode obter unha hora de aparcamento de balde (suxeto a condicións de compra específicas según o sector, consulte no establecemento).


PARKINGS

Parking Alameda

Parking Barcelos

Parking Santa Clara

Parking Zona Monumental





Accesos

Para aqueles visitantes que opten utilizar os servizos de transporte público, ben autobús, tren ou taxi, informámoslle que desde as estacións de autobús e tren ata o casco histórico disfrutará dun agradable paseo de 15 minutos aproximadamente por o ensanche da cidade. A continuación sinalámoslles as paradas de taxis máis próximas e informámoslles que nas proximidades do Mercado de Abastos (parada de taxis máis próxima ó río) hai unha parada de autobuses con chegadas/destinos urbanos (Monteporreiro) e periurbanos (Alba-Lérez) así como dos municipios de Barro e Caldas.

Servizos a consumidores

Para facer máis atractiva e sinxela a compra e visita de potenciais clientes, nos establecementos ofreceránlle:

- Unha hora de aparcamento de balde válida para Parking Zona Monumental, Santa Clara, Barcelos e Alameda.
- Envío de mercancía (non perecedeiros) a domicilio a través dunha recoñecida empresa de mensaxería
- Recollida das compras na consigna ubicada na Caixa Central do Parking Zona Monumental e Santa Clara.

Ademáis, ó largo de todo o ano organízanse actividades lúdico-festivo-culturais que sorprenden ó visitante e fai máis entretida a súa visita. En realidade, se consigue una armónica relación entre a compra e o ocio, o comercio ea hostelería, a adquisición de productos e a utilización do tempo libre.

* Consultar condicións en cada establecemento



Servizos a asociados

Nas oficinas do CCU ZM, os asociados contan cun servizo de asistencia, asesoramento e información e teñen a súa disposición os seguintes servizos e instalacións:

- Acceso a Internet

- Publicidade directa a través da páxina web propia;

- Conta de correo electrónico da asociación;

- Envío e recepción de faxes

- Información e tramitación de subvencións;

- Servizos administrativos: información de periodos de pago, realización de pagos e cobros, etc;

- Sala de reunións a disposición dos asociados;

- Aula de formación o seu dispor e cursos organizados.

- Precios concertados para mensaxería, asesoría de empresa, tickets de aparcamento, publicidade en medios.


Centro Comercial Urbano
Zona Monumental - 2006