Como cada ano, o CCU Zona Monumental organiza a xa tradicional festa da volta ao cole, unha tarde chea de actividades para darlle a benvida ao novo curso escolar.
A cita será o luns 8 de setembro, de 16:30 a 20:30 horas, con propostas repartidas por diferentes prazas do centro histórico para que os máis pequenos o pasen en grande:
🔹 Praza de Curros Enríquez: Rocódromo e mural colaborativo
🔹 Praza de Méndez Núñez: Pintacaras e ludoteca
🔹 Praza Valentín García Escudero: Obradoiros creativos
🔹 Rúa Serra: Inchables
🎉 E como peche da festa, gran festa da escuma ás 19:30 h na Praza da Pedreira.
Para participar nas actividades será necesario presentar un tícket de compra en calquera establecemento asociado ao CCU Zona Monumental. Aceptaranse tíckets con data a partir do 25 de agosto.
Unha maneira divertida de despedir o verán e comezar o cole con alegría. Agardámoste!