Novas

IMOS DE TROULA

01/10/2026
Gabinete de Comunicación

O CCU Zona Monumental, cofinanciado pola Xunta de Galicia, organiza unha nova edición do “Imos de Troula”, unha xornada con concertos e obradoiros para toda a familia. Ademais, do 5 ao 16 de outubro, as compras de 20 € nos establecementos asociados teñen

A Praza de Méndez Núñez énchese de música e diversión co “Imos de Troula”

O sábado 17 de outubro, a Praza de Méndez Núñez converterase nun espazo de encontro, música e diversión coa celebración dunha nova edición do “Imos de Troula”, unha xornada organizada polo CCU Zona Monumental e cofinanciada pola Xunta de Galicia, pensada para gozar en familia e dinamizar o comercio local.

A programación comezará ás 13:00 horas co concerto infantil de Terapia de Grupo Kids, unha proposta musical para que as nenas e os nenos desfruten dunha xornada chea de ritmo e diversión.

Pola tarde, a partir das 17:00 horas, será a quenda dos obradoiros infantís, con actividades creativas como pintacaras e tatuaxes, ademais dun obradoiro musical de iniciación á ópera impartido por Bonnie Cooper, unha oportunidade para que os máis pequenos descubran o mundo da música dun xeito lúdico e participativo.

A xornada continuará ás 18:30 horas co concerto familiar de Desconcerto, que poñerá o broche final a un día pensado para compartir, aprender e desfrutar da música en familia.

Ademais, do 5 ao 16 de outubro, as persoas que realicen compras por un importe mínimo de 20 € nos establecementos do CCU Zona Monumental recibirán unha mochila de agasallo, ata esgotar existencias. Unha iniciativa coa que se busca premiar a confianza das persoas consumidoras e fomentar as compras no comercio de proximidade.

Con esta proposta, o CCU Zona Monumental aposta por combinar lecer, cultura e actividades para todos os públicos, ao tempo que anima a veciñanza a descubrir, apoiar e desfrutar do comercio local.